A miña experiencia como nai, traballadora autónoma e galega. Defendo a lactancia materna a demanda e a crianza con apego e respecto mutuo.

miércoles, 30 de enero de 2013

Ser pai é incríble. Ser fillo, tamén. O paraíso está no colo dunha nai.

Fonte: Ser padres

martes, 29 de enero de 2013

Mantra para o PARTO

Eu sei parir.
Como pariron as mulleres que me precederon.
A miña nai, a miña avoa, a miña bisavoa, a miña tataravoa,
E así até a primeira muller.
... Lévoo gravado nas miñas células.
É o seu legado.
O meu corpo sabe parir.
Como sabe respirar, dixerir, procrear, 
andar, falar, pensar.
Está perfectamente deseñado para iso:
O meu pelvis, o meu útero, a miña vaxina, son obras de enxeñaría
ao servizo da forza da vida.
Eu son "a que sabe".
E "a que sabe" rumoréame:
"Cabalga a enerxía das contraccións coma se fose a éxtase,
Loba, leona, hiena, egua, raposa, gata, pantera...
Atopa a túa femia de poder e convírtete nela".
E sendo ela, mamífera todopoderosa, dou a luz.

Fonte da info e da foto: Facebook Vía Láctea

viernes, 25 de enero de 2013

Comezamos!!!

Este blog nace coa idea de ir publicando artigos, fotos e cousas curiosas que teñan que ver coa maternidade, dende o embarazo ata a lactancia e a crianza con apego. Sempre dende unha visión persoal e basándome na miña propia experiencia.