A miña experiencia como nai, traballadora autónoma e galega. Defendo a lactancia materna a demanda e a crianza con apego e respecto mutuo.

lunes, 25 de febrero de 2013

Etiquetas coma as do tabaco para o leite de fórmula

A ONG Save the Children pide que o leite de fórmula para bebés leve advertencias como os paquetes de tabaco

http://www.elcorreodelsol.com/articulo/piden-que-la-leche-de-formula-para-bebes-lleve-advertencias-como-los-paquetes-de-tabaco

jueves, 21 de febrero de 2013

Estatua Lactancia

Divertidísima estatua sobre a lactancia en tándem jejejejejeeee
Visto no face de Teta e Coliño.

miércoles, 20 de febrero de 2013

Os beneficios da risa

A RISA inmuniza contra a depresión e angustia.

- Cando un ri segrega máis adrenalina, o que potencia a creatividade e a imaxinación.

- Ao rir, o cerebro fai que o noso corpo segregue endorfinas, sedantes naturais do cerebro similares á morfina; esas segregacións que actúan como drogas naturais que circulan polo organismo, cinco ou seis minutos de risa continua actúan como un analxésico.

- Ao rirnos estamos a facer exercicio: Con cada gargallada ponse en marcha preto de 400 músculos, incluídos algúns do estómago que só se poden exercitar coa risa.

- Actuá como unha masaxe: A columna vertebral e cervicais que é onde polo xeral acumúlanse tensións, estíranse ao rirnos. Ademais estimúlase o bazo e elimínanse as toxinas. Con este movemento o diafragma orixina unha masaxe interna que facilita a dixestión e axuda a reducir os ácidos grasos e as sustancias tóxicas.

- Límpanos: Ao rirnos se lubrica e limpan os ollos con bágoas. A gargallada fai vibrar a cabeza e despéxase o nariz e o oído.

- Osixenación: Cando ris entra o dobre de aire nos pulmóns, por iso é polo que a pel se oxigene máis. En concreto, os pulmóns moven 12 litros de aire no canto dos 6 habituais, o que mellora a respiración e aumenta a oxigenación. Con isto desméntese a idea de que a risa provoca engurras no rostro, ao contrario o tonifica.

- A risa dános felicidade: Ademais de favorecer na produción de endorfinas, tamén hai mais encefalinas no cerebro, ambos os neurotransmisores (formados por cadeas de aminoácidos) que se atopan abrigo no sistema límbico e cuxa función é combater a dor.

Sorrí e vivirás máis saudablemente!

Fonte: Almance naturista a candelaria.
Visto en Facebook A Bioguia

martes, 19 de febrero de 2013

Nai e filla

MARABILLOSA pintura de LEANDRO LAMAS.
Gracias polo teu traballo, sempre tan alegre e optimista!!
<3 <3 <3

martes, 12 de febrero de 2013

Miña naiciña, non me deixes chorar!

Hoxe quero compartir unha entrada dun blog que sigo habitualmente, moi esclarecedora sobre o tema de deixar chorar aos bebés. Persoalmente creo que é un erro e un horror!!! Qué clase de nai deixa chorar ao seu bebé ata vomitar e non acude a consolalo?? Paréceme antinatura!!!

http://www.mentelibre.es/?p=1372

jueves, 7 de febrero de 2013

Ruídos propios dunha casa

Só fai falta ter un bebé cun sono hiper-lixeiro para darse conta da cantidade de ruídos que hai nunha casa "silenciosa"... As chaves da luz (son do peor!), táboas do parqué que estalan ao pisar, meter algo no microondas, ..., e de fregar os cacharros nin falamos!!!! A nosa peque desperta só cun parpadeo noso, así que cando a pobriña consegue durmirse, todo se paraliza na nosa casa: prioridade absoluta que ela durma!!!

"Boa nai"

Ser boa nai debería ser fácil, ás veces complicámonos nós mesmas, esixímonos demasiado!! 


Fonte: Carlos González, pediatra, lactancia + apego.

sábado, 2 de febrero de 2013

Mitos lactancia materna

Hoxe quero compartir un blog moi interesante sobre a lactancia materna, o tema vai dos mitos e das burradas que se soen asociar á mesma, e que moitas nais que aleitamos aos nosos peques temos que escoitar, demasiado a miúdo para o meu gusto. Grazas que a maioría da xente xa sabe que non hai mellor alimento para as nosas "crías".
Comparto o link do Blog Amor Maternal, escribiu unha entrada moi extensa e real sobre tantas lendas que existen darredor da lactancia.

http://www.amormaternal.com/2011/11/desmintiendo-mitos-lactancia-materna-i.html?m=1