A miña experiencia como nai, traballadora autónoma e galega. Defendo a lactancia materna a demanda e a crianza con apego e respecto mutuo.

martes, 19 de marzo de 2013

Querémoste moito papi!!!!


Temos demasiado??





Temos demasiado? Os nosos nenos acumulan cousas e cousas?
Serían máis felices con menos? No caso da nosa nena, con 7 meses, xa nos encheu a casa de cousas e o trasteiro de outras tantas: capazo e cuco que xa non usa (porque non colle neles), minicuna (idem), tummy tub (idem)... e na casa trona, hamaca, zona de xogos, carro de paseo, roupa por toneladas, xoguetes de todo tipo e de toda estimulación,... Uffffffff dito así, creo que sí, que somos uns esaxerados!! O único que non cambia é o AMOR que sentimos polos nosos fillos, aínda que cada familia teña un xeito distinto de crialos.

jueves, 7 de marzo de 2013

Cicatrices da batalla de ser nai

O noso corpo é sabio, e ten memoria das batallas vividas e loitadas. O embarazo déixanos marcadas para sempre. Pegada na nosa pel e no noso corazón.

miércoles, 6 de marzo de 2013

Mulleres invisibles

Din que a certa idade as mulleres facémonos invisibles, que o noso protagonismo na escena da vida declina e que nos volvemos inexistentes para un mundo no que só cabe o ímpeto dos mozos.
Eu non sei se me volvín invisible para o mundo, é moi probable, pero nunca fun tan consciente da miña existencia como agora; nunca sentín tan protagonista da miña vida e nunca gocei tanto de cada momento da miña vida.
Descubrín que non son unha princesa de conto de fadas; descubrín ao ser humano que sinxelamente son, coas súas miserias e as súas grandezas.
Descubrín que podo permitirme o luxo de non ser perfecta, de estar chea de defectos, de ter debilidades, de equivocarme, de non responder as expectativas dos demais. E a pesar diso, quererme moito.
Cando me miro ao espello, xa non busco á que fun no pasado, senón que sorrío á que son agora. Alégrome do camiño andado e asumo as miñas contradicións.
Sinto que debo saudar á moza que fun, con agarimo, pero deixala ao carón, porque agora estórbame. O seu mundo de ilusións e fantasía xa non me interesa.
A vida é tan curta e o oficio de vivila é tan difícil, que cando un comeza a aprender, xa non hai tempo.
As realidades máis grandes e máis belas teralas canto menos as esperes.
Se queres gozar do mar, contémplao, abre as túas mans nas súas augas e todo o mar estará nelas. Porque se as pechas para retelo, quedarán baleiras.
Se queres gozar do vento, estende os teus brazos, abre as túas mans e todo o vento será teu, porque se tentas retelo, quedarás sen nada.
"Só así gozarás da vida, sabendo que a tes sen posuíla"

Anónimo
Fonte: Facebook Vía Láctea Asociación de Madres